Buscador

Momento Blooming

Teatro Principal
Santiago
05/04/2014

Comprar entradas

          MOMENTO BLOOMING

CRISTINA MONTERO & RUT BALBIS

DANZA CONTEMPORANEA

Queres ser rico ou pobre?
Sabemos os segredos do teu éxito
Temos a solución aos teus problemas financieiros
Non perdas esta ocasión única, onde corpo, movemento, música e danza xúntanse para facer un cóctel anticrise

Momento Blooming conxuga momentos íntimos con momentos superficiais , choros e risas, inxenuidade e ensoñación, realidade e ficción.
Todo isto sen esquecernos de que é unha peza de danza ubicada noutro contexto.

CRISTINA MONTERO & RUT BALBIS

Rut Balbis (Pisando ovos) e Cristina Montero intérpretes e creadoras de danza contemporánea preséntanse como compañía con “Momento Blooming”, estreado en xuño de 2013 en Ferrol e representado en A Divina Comedia de Pontedeume, e no Centro Torrente Ballester de Ferrol. Como dúo participamos no Corpo a Terra 2012 coa peza "Só unha escusa" e cunha intervención improvisada de rúa nas Meninas de Canido-Ferrol, setembro 2013.

Rut Balbis ven desenvolvendo a súa traxectoria profesional á fronte da súa propia agrupación, Pisando Ovos, creada en 2005 xunto a David Loira, e dirixida por ela en solitario na actualidade. Coa súa compañía estreou varias montaxes como N8 OHX, Non intre 1800, que obtivo o primeiro premio do Certame Coreográfico de Madrid 2007, 30000 que conta con dirección de Damián Muñoz e foi coproducida polo Centro Coreográfico Galego, Menos 1, e recentemente Tres.

Pisou algúns dos máis destacados festivais nacionais e internacionais como Escena Contemporánea, Dansa València, o TAC de Valladolid, o SAT de Barcelona, o Bassano Festival de Italia, Feria do Libro La Habana, Operaestate Festival Veneto e o MOVS. Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do deporte realizou o One Year Certificate londiniense en danza contemporánea. Tamén desenvolve labores pedagóxicos na aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña, como profesora do grupo de produción de danza, na Escola de Danza Contemporánea de Narón, e impartiu seminarios e talleres relacionados coa educación física.

Durtante o último 2012 ano participou do proxecto europeo CHOREOROAM.

Cristina Montero en 2009 crea a súa propia compañía coa performance “ 1ª party”, representada en diferentes espacios de Galicia, en Madrid e Portugal. Como intérprete e coreógrafa en “Saltimbanquis” de Teatro do Morcego, “O ridículo desamor dun home mais ou menos normal” Cía.40 Pasos, “Buscándolle tres pes a Tapies” Cía San&San , “Por un millón de dólares” Cía. Bucanero, I e II encontro de calle “A rúa no corpo”- Narón “Pequenos retazos do pasaxeiro” Cía. Trespasando …

Como docente da Escola de Formación de actrices e actores de Narón desde o ano 2003 e docente e coordinadora da Escola de Danza Contemporánea de Narón desde o ano 2009, impartindo talleres de expresión e movemento para maiores, adultos e nenos en diferentes concellos e espacios galegos.