Buscador

A CABEZA DO DRAGON (de Ramón María del Valle-Inclán)

Auditorio de Galicia- Santiago

29/06/2018

COMPRAR ENTRADAS

cabeza-dragon-adg-29062018

Producións Teatrais Excéntricas

Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval

Reparto: Quico Cadaval, María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez

Escenografía e espazo lumínico: Baltasar Patiño

Vestiario, atrezzo e deseño gráfico: Suso Montero

Música: Javier María López

Intérpretación en directo: TAC (Taller Atlántico Contemporáneo)

"A cabeza do Dragón” foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamen na nosa, a cultura europea.

Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstruo se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aqui é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a cuidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a libertade.

12 €

Descontos do 50% para os seguintes colectivos:

  • Desempregados

  • Maiores de 65 anos

  • Xubilados

  • Menores de 25 anos

  • Estudantes

  • Familias monoparentais

  • Familias numerosas

  • Perceptores de rendas sociais