Buscador

A CABEZA DO DRAGON

Teatro Principal

Santiago

Marzo 2017

COMPRAR ENTRADAS

a-cabeza-do-dragon-1

(Galicia, teatro/ esperpento)

de Ramón María Valle-Inclán

estrea absoluta

Producións Teatrais Excéntricas

María Costas, Víctor Mosqueira, Iván Marcos, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina, Marcos Orsi e Quico Cadaval

Quico Cadaval dirección

85 minutos

Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de “A Cabeza do Dragón” no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán. Trátase da primeira obra de Valle-Inclán feita en galego e será apta para todos os públicos para que poida ser gozada tanto por nen@s, como adolescentes e maiores. "A cabeza do Dragón” foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea. Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido ao rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Enmascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aquí é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a coidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a liberdade.

Prezo: 10,00 euros

Descontos do 50% para os seguintes colectivos

  • Desempregados.: Presentación Tarxeta do paro

  • Maiores de 65 anos: Presentacion do DNI

  • Xubilados: Presentación do Carné da Seguridade Social

  • Menores de 25 anos: Presentacion do DNI

  • Estudantes: Presentación Carné de estudante

  • Familias monoparentais: Presentación do Libro de familia

  • Familias numerosas: Presentación do Libro de familia

  • Perceptores de rendas sociais: Presentación documento acreditativo

Descontos non acumulables. Só se pode aplicar un desconto por entrada.