Buscador

A CASA DO AVÓ- TANXARINA TITERES

Salón Teatro- Santiago

21 y 22 diciembre 2017

COMPRAR ENTRADAS

casa-avo

Tarifa xeral (entradas soltas): 8 euros.

Tarifa Familiar: 3 entradas (ou máis) para a mesma función= 18 euros (6€ cada unha).

Bono: 4 entradas (ou máis) para distintas funcións de Nadal= 24 euros (6 € cada unha). Outras funcions Nadal:

  • ELA - CARAMUXO TEATRO ( Salon Teatro- 29 y 30 Diciembre 2017).
  • ANIMAIS DE COMPAÑIA-TEATRO DO NOROESTE ( Salón Teatro - 3 y 4 Enero 2017)

SINOPSE: Roberto recibe a noticia de que o seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario. Unha peza de teatro social e educativo onde os dereitos dos nenos e dos maiores van máis alá do puramente artístico.

FICHA ARTÍSTICA:

Actores – manipuladores: Eduardo Rodríguez, Miguel Borines e Andrés Giráldez.

Guión e dirección: Cándido Pazó.

Deseños, escenografía e atrezo: Pablo Giráldez 'O Pastor'.

Vestiario: Carlos Alonso.

Músicas: Francisco Barreiro.

Construción de siluetas: Tanxarina títeres.

Técnico de luz e son: Andrés Giráldez.

Produción: Tanxarina títeres

Espectáculo subvencionado pola AGADIC e patrocinado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón.

Talleres Se estás farto de aturar os teus pais e as súas compras de Nadal, este ano pídelles que te deixen antes nun dos nosos talleres, que se desenvolverán 2 horas antes de cada función. Poderás agasallalos cunha sorpresa feita por ti!

Os talleres que teremos son:

  • MOITA TEA QUE CORTAR..O teatro de monicreques. Xoves 21 e venres 22 de decembro de 17.00 a 19.00
  • MALLO EN DECEMBRO. Sobre Maruxa Mallo. Venres 29 e Sábado 30 de decembro de 17.00 a 19.00
  • SOA IGUAL A DIFERENZA . O espazo sonoro da inclusión (Mércores 3 e Xoves 4 de xaneiro de 17.00 a 19.00)

Número de prazas dispoñibles: 30

Prezo:

  • Gratuítos para a Tarifa familiar e para os Bonos de 4 entradas. Neste caso será imprescindible a reserva telefónica previa das prazas dos talleres no 881 867 229.

  • 5 € para as persoas que NON merquen a Tarifa familiar nin os Bonos de 4 entradas. Neste caso o pago do taller farase na billeteira do Salón Teatro 2 horas antes de cada función nos días previos ás funcións de Nadal, ou no mesmo día do taller dende ½ hora antes do comezo do mesmo.

Todas as prazas asignaranse por estrita orde de reserva telefónica/compra ata esgotar as prazas dispoñibles.

Funcións de Tanxarina e talleres correspondentes:RECOMENDADA A PARTIR DE 6 ANOS

Funcións de Caramuxo e talleres correspondentes: RECOMENDADA A PARTIR DE 3 ANOS

Funcións de Teatro do Noroeste e talleres correspondentes: RECOMENDADA A PARTIR DE 6 ANOS