Buscador

A COMPAÑEIRA DE PISO

Salon Teatro-Santiago

Marzo 2019

COMPRAR ENTRADAS

companeira-piso

CONTRAPRODUCIÓNS en coprodución co CDG: A compañeira de piso. Programa En Residencia

Texto: Jen Silverman. Dirección: Vanesa Sotelo

Sharon, unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

A compañía

Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción.

Cunha vocación teatral de signo aberto, intención crítica e relación fresca e directa cun público de amplo espectro, é a plataforma que acolle a maior parte das creacións escénicas de Cándido Pazó no campo do teatro e a narración oral, aínda que dando cabida tamén a outras figuras da dirección escénica ou a escritura teatral, así como a coproducións ou colaboracións con outras estruturas.

Ficha artística:

Adaptación: Lilian Portela e Vanesa Sotelo

Elenco: Rebeca Montero e Patricia Vázquez

Coa colaboración na voz en off de Xosé Barato, como fillo de Sharon

Escenografía e vestiario: Carlos Alonso

Caracterización: Rebeca Montero

Iluminación: Afonso Castro

Música orixinal: Guillerme Fernández

Axudante de dirección e dirección de produción: Belén Pichel

Produción executiva: Lilian Portela