Buscador

A Pequena e Grande Orquestra

Auditorio de Galicia-Santiago

24/09/2017

COMPRAR ENTRADAS

pequena-grande-orquesta

Esta Pequena e Grande Orquestra proponvos una marchosa viaxe polas cancions referentes da música infantil mundial de todos os tempos. Partindo do repertorio máis tradicional, na nosa viaxe faremos tamén parada nos grandes éxitos que acompañaron nos noventa a toda a xeneración Xabarín, nas bandas sonoras de recoñecidos filmes e mesmo así na música de grupos que nos últimos quince anos teñen agormerado en Galicia e que neste momento son seguidos por fans miúdos alí por onde pasan.

Un espectáculo áxil e divertido que mestura teatro e boa música cos obxectivos primordiais de facer rir, bailar e cantar a grandes e pequenas grazas a un escollido repertorio pero tamén a:

Una banda de luxo composta por:

Carliños Freire á batería

Pablo Vidal no contrabaixo

Javier Constenla no piano

Benxamín Vázquez á guitarra

unhas das mellores voces de escena musical galega:

Sabela King

Javi Gradín

Nerea Bello

é á cómica condución de:

Teatro dos Ghazafelhos

Todos os nenos pagan entrada con independencia de la idade e se ocupan ou non asento