Buscador

A VIDA TOLA DE PAJARITO

Sala Agustín Magán- Santiago

23/12/2017

COMPRAR ENTRADAS

tola-pajarito

COMPAÑÍA Pistacatro Productora de Soños

TIPO Circo

DURACIÓN 45 minutos

PREZO 3 euros. Bono familiar (4 entradas): 10 euros

IDADE Para todos os públicos

Información e sinopse

Este espectáculo de clown e escapismo para todos os públicos, achéganos o peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada ocasión e espazo un novo motivo e lugar para o xogo. Pajarito interactúa co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa. PAJARITO é a número un, e a número dous tamén….é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo!!! Con dous voluntarios, moitos xogos e un fermoso número de escapismo percorreremos en o proceso de liberación das súas ataduras, onde a pequena remata libre coma o vento e con moitas ganas de…"coñecer mundo". Risos garantidos.

Natalia Outeiro "Pajarito" é unha actriz, pallasa e directora galega con máis de 10 anos de experiencia sobre os escenarios, e unha ducia de espectáculos ás súas costas vinculados ás artes do Circo.

Equipo técnico e artístico

Intérprete: Natalia Outeiro, “Pajarito”

Autoría: Natalia Outeiro, “Pajarito”

Dirección: Natalia Outeiro “Pajarito”/Antón Coucheiro