Buscador

AVALANCHE

Teatro Principal-Santiago

05/05/2018

COMPRAR ENTRADAS

avalanche

Dani Pannullo Dancetheatre Co.

Avalanche lévanos a un mundo de confrontacións dancísticas para nos falar do inexorable paso do tempo. O coreógrafo arxentino Dani Pannullo presenta neste espectáculo a beleza deforme do noso século e recolle diferentes momentos na vida dun director ávido por ver e recoñecerse en mundos diversos; que acepta esa diversidade e se centra en amosarnos, dende a linguaxe física, como e por que se move a xente: dende os máis atávicos rituais dos poboas á complexa presenza da danza nas urbes de millóns de habitantes. O simple movemento de mans e pernas convive co estudo en profundidade da coreografía máis actual.

Interesado nas novas formas de deporte urbano que agroman hoxe nas cidades, Pannullo inclúe en Avalanche unha novísima modalidade de control do movemento que se sitúa entre a práctica do deporte e certo virtuosismo; trucos, creatividade e estilo convertidos no escenario en poesía. Esa “forma máis de danza”, segundo o seu director, que é o fútbol free-style. Como xa fixera anteriormente con b-boys, skaters, parkour, traceurs, beat-boxers, a compañía intenta elevar estas linguaxes aos escenarios cultos, buscando a aceptación de novas audiencias.

Dirección xeral e coreografía : Dani Pannullo Bailaríns (B-boys) :Alejandro Moya (b-boy Lilkuest), Julián Gómez (B-boy Hu-lee), Miguel Ballabriga (B-boy Zomas), Rubén Martín (B-boy Chino), Fútbol free-styler: Javier Sanz Aguilar Violonchelo : Luis Felipe Serrano (Martin Waschbär) Deseño de luces e iluminación: Victor Cadenas Deseño de gobo : Jaro Vestiario : Carlos Diez, Adidas e Martin Waschbär Son: Eric Medina Vídeo : Bruno Galán Ruiz (BRUTO)

Para todos os públicos

60 min.

10 €

Descontos do 50% para os seguintes colectivos:

  • Desempregados
  • Maiores de 65 anos
  • Xubilados
  • Menores de 25 anos
  • Estudantes
  • Familias monoparentais
  • Familias numerosas
  • Perceptores de rendas sociais