Buscador

CASA O'REI

Teatro Principal-Santiago

6 y 7 Abril 2018

COMPRAR ENTRADAS

casa-o-rei

Ibuprofeno Teatro

Con Casa O’Rei, Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con O furancho e Raclette. Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do Rei Lear de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte pre-conxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida. Autoría e dirección: Santiago Cortegoso

Intérpretes: Miguel Borines | Victoria Teijeiro | Marián Bañobre | Teté García | Víctor Mosqueira | Xosé M. Esperante Deseño e realización da escenografía: Pablo Giráldez "Pastor" Banda sonora: Caxade Deseño de iluminación: Salvador del Río Vestiario: Marián Bañobre

Para público adulto

75 minutos

12 €

Descontos do 50% para os seguintes colectivos:

  • Desempregados
  • Maiores de 65 anos
  • Xubilados
  • Menores de 25 anos
  • Estudantes
  • Familias monoparentais
  • Familias numerosas
  • Perceptores de rendas sociais