Buscador

D.E.P - MALASOMBRA PRODUCIONS

Salon Teatro-Santiago

19 Enero 2019

COMPRAR ENTRADAS

dep

Clasificada: Adultos. Recomendada: A partir de 14 anos

Duración: 75 minutos

Ficha artística

Elenco: Jouse García y Xoque Carbajal

Autoría: Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez

Traducción e adaptación: Xoque Carbajal

Escenografía: Kukas

Iluminación: Xulio Lago

Direccción: Marcos Orsi

SINOPSE

D.E.P. é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: "que mamá morra axiña por favor! ".

D.E.P. mostra unha situación ben recoñecible polo espectador: A PELEXA POLA HERDANZA. Pero aínda hai algo que a fai moito máis singular e é que neste caso, a herdanza é dunha nai que aínda NON ESTÁ MORTA.

¿Quen non soubo de pelexas entre irmáns por este motivo?

Como din os expertos: "Unha herdanza sen problemas non é herdanza, senón milagre".

Ou como dicían as nosas avoas: "A quen Deus non lle dá fillos, o demo dálle sobriños".

Isto é D.E.P. Unha comedia, claro.

D.E.P. É un espectáculo dirixido a un grande abano de públicos. Tanto a temática, o texto en si, como a posta en escena, resultará de interese a públicos de calquera idade, de diferentes clases sociais e culturais, ben sexa dun ámbito urbano ou rural.

Prezo Xeral: 10,00 €. Bonos 2 días: 6,00 € coa compra conxunta de GO ON! ( Salón Teatro- 18/01/2019)