Buscador

DIVINAS PALABRAS REVOLUTION

Salon Teatro-Santiago

Abril 2018

COMPRAR ENTRADAS

divinas-palabras-revolution-1

A NOVA PRODUCIÓN DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, DIRIXIDA POR XRON A PARTIR DA COÑECIDA OBRA DE VALLE-INCLÁN, OFRECERÁ 16 FUNCIÓNS PARA PÚBLICO XERAL E ESCOLAR NO SALÓN TEATRO

XRon dirixe esta adaptación, a primeira en idioma galego, da coñecida obra de Valle-Inclán, que lle ofrecerá ao público unha ollada actual e desinhibida da traxicomedia valleinclaniana, ambientada aquí na "aldea global" fronte a "aldea" do orixinal.

Divinas Palabras Revolution poderá verse ata o 29 de abril no Salón Teatro, onde o CDG levará a cabo 16 funcións. As de público xeral desenvolveranse de xoves a sábados, ás 20,30 h., e os domingos, día do espectador, ás 18,00 h. Así mesmo, os espectadores terán a oportunidade de intercambiar impresións co equipo da montaxe tras o pase dos xoves nos chamados Encontros co Público.

En canto á campaña escolar, para a que continúa aberto o prazo de inscrición de institutos, os pases terán lugar os martes e mércores pola mañá dirixidos a alumnado a partir dos 15 anos de idade.

Manuel Cortés: Pedro Gailo

Antón Coucheiro: Sétimo Miau

Patricia de Lorenzo: Mari Gaila

Borja Fernández: Migueliño

Mónica García: Marica do Reino

Tone Martínez: Pedáneo

Victoria Pérez: Tatula

Ánxela Ríos: Simoniña

Tomé Viéitez: Laureano

Domingos de Conciliación

Ademais, nas tres funcións programadas os días 15, 22 e 29 de abril, o CDG pon en marcha un novo servizo, denominado Domingos de Conciliación, para todas as persoas con nenos/as ao seu cargo que queiran asistir ao espectáculo. Esta iniciativa -incluída no prezo da entrada- consiste nun obradoiro de artes escénicas na Fundación Granell, para idades comprendidas entre os 5 e 12 anos, onde os rapaces e rapazas poden pasar unha tarde entretida mentres os seus maiores asisten a Divinas Palabras Revolution no Salón Teatro. Para solicitar este servizo, de prazas limitadas, cómpre enviar un correo electrónico ao enderezo centro.dramatico.galego@xunta.gal ou chamar ao 881 867 229, de luns a venres (agás festivos) de 9,00 a 14,00 h.