Buscador

EL PINTOR DE BATALLAS

Auditorio de Galicia-Santiago

8/10/2017

COMPRAR ENTRADAS

pintor-batallas

Información e sinopse

Antonio Álamo asume a dramaturxia e dirección deste espectáculo baseado no texto homónimo de Pérez Reverte quen, por primeira vez, cede para o teatro os dereitos dunha das súas novelas. Os actores Jordi Rebellón e Alberto Jiménez enfróntanse nunha intensa batalla escénica ao interpretaren os papeis protagonistas.

A obra é candidata aos Premios Max 2017 en catro categorías.

Ese pintor é, en realidade, un fotógrafo de guerra, Faulques, que logo de trinta anos de profesión adquiriu a torre. Entre as súas paredes circulares, enfuscadas de cemento e area para combater as progresivas fendas que nela van xurdindo, traballa na súa última foto, naquela que non foi quen de facer: unha pintura ao fresco coa que pretende despregar as regras implacábeis que sosteñen a guerra como espello da vida. O conxunto forma unha paisaxe descomunal e inquietante, sen época, onde conviven o escudo medio soterrado na area e o helmo medieval salpicado de sangue coa sombra dun fusil de asalto sobre un bosque de cruces de maneira, a cidade antiga amurallada coas modernas torres de cemento e cristal. É unha batalla de batallas, edificada sobre os propios recordos de Faulques.

Proveniente precisamente dese pasado, Faulques recibe a visita dun descoñecido cuxo rostro, porén, ten visto miles de veces. É o rostro da derrota: Ivo Markovic, un croata ao que disparou coa súa cámara en Vukovar durante a Guerra Croata de Independencia e co que obtivo un prestixioso premio de fotografía. O rostro dese Ivo Markovic deu a volta ao mundo; a ollada de Faulques e o fugaz e casual instante no que se detivo ante el, fíxoo famoso, unha icona, un heroe de guerra. Markovic vén para matalo. Pero antes necesita que comprenda certas cousas. Tamén Faulques precisa algunhas respostas e é por iso que non fuxirá nin tentará defenderse… polo momento.

Equipo técnico e artístico

Elenco: Jordi Rebellón, Alberto Jiménez

Dramaturxia e dirección: Antonio Álamo

Espazo escénico e vestiario: Curt Allen Wilmer (AAPEE)

Pintor do mural audiovisual e deseño gráfico: Ángel Haro

Iluminación: Miguel Ángel Camacho

Música e espazo sonoro: Marc Álvarez

Unha produción de: Masca Producciones, Minestrone Producción y Gestión Cultural e Emilia Yagüe Producciones. En co-produción co Teatro Calderón de Valladolid.