Buscador

EL ULTIMO BUFON- LEO BASSI

Teatro Principal-Santiago

19/04/2018

COMPRAR ENTRADAS

ultimo-bufon

O cómico de orixe italiana Leo Bassi revisa os seus 40 anos de traxectoria teatral a partir duns filmes que a súa irmá atopa na Fundación Lumière en Lyon. Imaxes que os irmáns Lumière tomaran dos antepasados de Bassi no Circo Rancy e que constitúen, posiblemente, as primeiras de pallasos en movemento ao longo ha historia.

Recoñecido mundialmente polas súas extravagantes actuacións teatrais e innumerables accións provocadoras, Leo Bassi descende dunha antiga liñaxe de comediantes excéntricos e de pallasos circenses vindos de Italia, Francia, Reino Unido, Austria e Polonia. Durante 170 anos, a súa familia actuou de forma ininterrompida. Dela herdou sorprendentes habilidades e ese espírito libertario, irreverente e cosmopolita, que foi sen dúbida a esencia do circo do século XIX.

A partir das imaxes atopadas pola súa irmá, Bassi repara no mundo perdido dos bufóns, e na evolución do humor ao longo dos tempos.

Dirección e interpretación: Leo Bassi

Para público adulto

90 minutos

14 €

Descontos do 50% para os seguintes colectivos:

  • Desempregados
  • Maiores de 65 anos
  • Xubilados
  • Menores de 25 anos
  • Estudantes
  • Familias monoparentais
  • Familias numerosas
  • Perceptores de rendas sociais