Buscador

ESTADO DE GRAZA

Teatro Principal

Santiago

Febreiro 2017

COMPRAR ENTRADAS

estado-de-graza

(Galicia, teatro contemporáneo)

de Eduardo Alonso

Teatro do Noroeste

Luma Gómez, Imma António, Manuela Varela

Eduardo Alonso, dirección

90 minutos

A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte coa liberdade por bandeira. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese xugo. No tardo - franquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideoloxicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo. No ano da morte de Franco, unha moza regresa a súa casa natal despois de pasar catorce anos sen dar sinais de vida. Acompáñaa a súa filla autista. A súa chegada revoluciona o monótono vivir das dúas beatas que habitan a casa, a súa nai e unha criada que a acompaña na vida e nos rezos. Ao mesmo tempo que agoniza o ditador, agoniza unha forma de vivir, de sentir a relixión e de estar na sociedade. Lola é unha moza de dezaseis anos, dunha boa e acomodada familia formada pola súa nai, Dolores, de fortes crenzas relixiosas, a criada e dama de compañía desta, Catarina, e a irmá maior de Lola, Soledad, que hai tempo que se suicidou tirándose do torreón da casa. Un caserón á saída da cidade. E un pai constantemente ausente por múltiples viaxes, que realmente son fuxidas. Lola comete un pecado que non pode ser perdoado ás mozas de boa familia desa cidade, seguramente de provincias, neses tempos. Queda embarazada.

Prezo: 10,00 euros

Descontos do 50% para os seguintes colectivos

  • Desempregados.: Presentación Tarxeta do paro

  • Maiores de 65 anos: Presentacion do DNI

  • Xubilados: Presentación do Carné da Seguridade Social

  • Menores de 25 anos: Presentacion do DNI

  • Estudantes: Presentación Carné de estudante

  • Familias monoparentais: Presentación do Libro de familia

  • Familias numerosas: Presentación do Libro de familia

  • Perceptores de rendas sociais: Presentación documento acreditativo

Descontos non acumulables. Só se pode aplicar un desconto por entrada.