Buscador

FÉMINA SAPIENS- INVERSA TEATRO

Salon Teatro-Santiago

14 y 15 Diciembre 2017

COMPRAR ENTRADAS

femina-sapiens

Fémina Sapiens é un “sólo” teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens- ou se, pola contra somos máis proclives á involución.

Fémina Sapiens é un personaxe que tenta buscar e analizar cal é o eslabón perdido entre a racionalidade e moralidade pasando polos estadios íntimos de violencia existentes en tres relacións fundamentais: a amizade, a familia e o amor.

Un espectáculo que, seguindo a liña da compañía Inversa Teatro, tenta reflexionar arredor da temática da filosofía e o feminismo a través da traxicomedia. A obra ten percorrido diferentes teatros e Festivais escénicos nacionais e internacionais (Madrid, Portugal, Colombia)

Texto e Interpretación: Marta Pérez

Dirección: Carlos Álvarez-Ossorio

Escenografía e vestiario: Eufrasio Lucena-Muñoz.

Técnico: Ángel Sousa

Produción: Inversa Teatro

Espazo Sonoro: Ronett Studio.

Iluminación e audiovisual: Carlos Alvarez-Ossorio

Fotografía: Gus Abreu

Deseño Gráfico: María Rodriguez