Buscador

GAIA

Teatro Principal-Santiago

28/04/2017

COMPRAR ENTRADAS

gaia

Entremans presenta unha peza didáctica para público familiar Gaia. Realiza, así, o seu segundo espectáculo infantil, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo Xoga. Gaia afonda nun tema de suma importancia hoxe en día: O noso planeta.

Un proxecto no que a idea fundamental é achegar coñecementos desde unha óptica visual e imaxinativa.

O noso fogar, a Terra, está a cambiar rapidamente… Debemos atopar unha forma de vida máis respectuosa para protexer o planeta e o noso medio ambiente. Gaia perténcenos a todas e todos. Podemos debuxar xuntas e xuntos un mañá feliz e un mundo a toda cor.

Gaia é un percorrido singular no que a pintura, a música, o audiovisual e a danza nos axudan a descubrir e comprender a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e os seus tesouros naturais.

Unha historia en movemento para descubrir as características da terra, os mares e a atmosfera así como a interacción entre as persoas e o medio ambiente

Dirección, creación e interpretación: Kirenia Martínez e Estefanía Gómez Espazo sonoro: Carla López e Iago Mouriño Atrezzo e decoración: Equipo Creativo RTA (Xacobo) e Compañía Entremans Deseño de iluminación: Equipo Creativo RTA (Diego) Audiovisual: Equipo Creativo RTA Arte e Imaxe: Gosia Trebacz Vestiario: Santos Salgado e Compañía Entremans

A partir de 3 anos

50 minutos

4 € Bono familiar (4 entradas): 12 €