Buscador

GET BACK

Teatro Principal

Santiago

19,20 y 21 enero 2017

COMPRAR ENTRADAS

get-back

de Diego Ameixeiras

Eme2 emoción&arte

Alfonso Agra, Mercedes Castro, Federico Pérez, Miguel Guido e Tamara Canosa

Jorge Coira, dirección

90 minutos

Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres. Se son normais e están en Londres é que probablemente sexan emigrantes. Están no metro e como non poden mirar para as paredes, miran para o móbil que vai cuspindo algunhas novidades do lugar do que proceden. Que vas facer esta semana? Xa reservaches o voo para Nadal? Sabes que detiveron a aquel rapaz que estudara contigo en Santiago? O fillo do carniceiro non quere seguir co negocio. Cousas normais, de xente normal que se deixa mover polo meneo normal do metro. Pero o metro detense. Para en ningures porque queda atoado no medio do túnel e pode ser unha avaría, un atentado, unha folga ou todas as cousas á vez. E quedan os cinco GET BACK mirando para o móbil e logo mirando para eles sucesivamente. O metro para e comezan os problemas. Porque son cinco, porque teñen moitas cousas en común pero non o saben, porque están lonxe de onde son e porque cada un deles ten urxencias particulares. Están perdidos nun subterráneo de Londres e quizais teña que vir rescatalos o exército. Pero primeiro van ter que entenderse. A comedia comeza como un accidente. Eles non o saben cando entran a ese vagón con traxecto interrompido, pero son catro galegos buscándose a vida en Londres e un inglés que, en algún tempo, se buscou a vida en Galicia. As vidas quedan cruzadas xusto cando se detén o movemento e a partir de aí case todo é retranca.

Prezo: 10,00 euros

Descontos do 50% para os seguintes colectivos

  • Desempregados.: Presentación Tarxeta do paro

  • Maiores de 65 anos: Presentacion do DNI

  • Xubilados: Presentación do Carné da Seguridade Social

  • Menores de 25 anos: Presentacion do DNI

  • Estudantes: Presentación Carné de estudante

  • Familias monoparentais: Presentación do Libro de familia

  • Familias numerosas: Presentación do Libro de familia

  • Perceptores de rendas sociais: Presentación documento acreditativo

Descontos non acumulables. Só se pode aplicar un desconto por entrada.