Buscador

GOLDI LIBRE

Teatro Principal

Santiago

27 y 28 enero 2017

COMPRAR ENTRADAS

goldilibre

(autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González)

(Galicia,teatro/documento)

de César Goldi, Xron, Manuel Cortés

A Berberecheira

César Goldi

Xron, dirección

Goldi libre é un traballo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión, un dos primeiros e máis fortes movementos de desobediencia civil xurdidos despois da Transición en España, que levou a centos de mozos ao cárcere como presos de conciencia e que tivo como consecuencia inmediata a suspensión do servizo militar obrigatorio despois de máis de 150 anos de vixencia. Un traballo feito a partir da memoria, a experiencia persoal e o testemuño de César Goldi, veciño de Teo e actor que en 1993 foi xulgado e condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria, cumprindo a condena no cárcere da Coruña. Dende unha perspectiva autocrítica, distanciada e irreverente, a obra ofrece ademais unha panorámica desenfadada do activismo social e político da esquerda dos anos 80 e 90 do século XX, cuestionando algúns dos mitos da loita antimilitarista. Trátase por tanto de conectar a memoria individual coa memoria colectiva dunha xeración e co imaxinario dunha época a través dun dispositivo especificamente teatral.

É o primeiro proxecto sementado e criado integramente na Berberecheira ao longo dos anos 2015 e 2016. A Berberecheira é un espazo teatral promovido e custodiado por Chévere para sementar proxectos escénicos de xestión colectiva que desbordan o núcleo estable da compañía. Un laboratorio de creación sustentado en redes estables de cooperación e un lugar de encontro e diálogo entre creadores, públicos e axentes culturais.

Prezo: 10,00 €

Descontos do 50% para os seguintes colectivos

  • Desempregados.: Presentación Tarxeta do paro

  • Maiores de 65 anos: Presentacion do DNI

  • Xubilados: Presentación do Carné da Seguridade Social

  • Menores de 25 anos: Presentacion do DNI

  • Estudantes: Presentación Carné de estudante

  • Familias monoparentais: Presentación do Libro de familia

  • Familias numerosas: Presentación do Libro de familia

  • Perceptores de rendas sociais: Presentación documento acreditativo

Descontos non acumulables. Só se pode aplicar un desconto por entrada.