Buscador

JANET NOVAS-SI PUDIERA HABLAR DE ESTO NO HARÍA ESTO

Teatro Principal- Santiago

27/04/2018

COMPRAR ENTRADAS

janet-novas

Nos procesos creativos de Janet Novás hai certas liñas ou principios recorrentes que determinan as decisións que toma e que perfilan os seus traballos: unha de carácter intuitivo, imaxinativo e sensorial e outra que pon en cuestión a primeira. En Si pudera hablar de esto no haría esto, Novás privilexia os materiais que deveñen das pulsións para afastarse desoutra faceta discursiva. Lonxe de formular un discurso ou tender unha reflexión colectiva, a artista entrégase ao xogo co corpo, co tempo e o espazo que a arrodea para compartir sensacións, iniciar un camiño a través das súas experiencias e necesidades de expresión, nunha peza na que a acción, a entrega o compromiso e a responsabilidade se volven imprescindibles. "Náceme, sáeme, precisa saír e manifestarse. Non sei que é, nin como se chama, só sei que existe e quere ser visible. Quere falar e ser, ser algo tanxible para poder ser certo e verdadeiro á mirada allea e á miña propia mirada. Quere manifestarse dende unha imaxe, dende o son, dende o silencio. Quere nacer aínda que morra nese instante. E eu estou ao servizo para que iso suceda" Janet Novás.

Creación e interpretación: Janet Novás
Dramaturxia: Ricardo Santana Música: Haru Mori Acompañamento artístico: Antía Díaz e Lipi Hernández Deseño de iluminación: David Picazo Imaxe: Virginia Rota Vestiario: Panamá Díaz e Maravilla Muñoz

Todos os públicos

55 minutos

Prezo: 10 €

Descontos do 50% para os seguintes colectivos: - Desempregados - Maiores de 65 anos - Xubilados - Menores de 25 anos - Estudantes - Familias monoparentais - Familias numerosas - Perceptores de rendas sociais