Buscador

MARIA FUMACA– As que máis molan!!!

Auditorio de Galicia-Santiago

27/01/2018

COMPRAR ENTRADAS

maria-fumaca

A familia María Fumaça celebra cinco anos de travesía reunindo un feixe de éxitos e dúas novas cancións para incorporar ás favoritas do público. Entre as vilas e cidades que visitan nesta nova xeira, fan parada en Compostela acompañados da voz de Uxía, da guitarra e cavaquiño de Sérgio Tannus, do acordeón de Santi Cribeiro, da voz e a guitarra de Magín Blanco, do contrabaixo de Antonio Castillo, das voces de Chus e Ana, a gaita de Raquel, e tantas amigas e amigos que os acompañan para, da man do maquinista Ruí, descubrirnos que a diversidade é o mellor modo de vida.

María Fumaça, contaxiando alegría!!!

Equipo Uxía, voz Sérgio Tannus, guitarra e cavaquiño Santi Cribeiro, acordeón Magín Blanco, voz e guitarra Antonio Castillo, contrabaixo Chus, voz Ana, voz Raquel Domínguez, gaita Ruí, maquinista

Idade recomendada Todos os públicos

Duración aproximada do espectáculo 60 minutos

Prezo:4,00 €

Bono Familiar ( 4 x 3) : 12,00 €