Buscador

MARTES DE CARNAVAL

Salón Teatro - Santiago

De Abril a Julio 2017

COMPRAR ENTRADAS

martes-carnaval

De Ramón Mª del Valle-Inclán.

Marta Pazos, directora

ELENCO: Iria Azevedo, César Cambeiro, Mercedes Castro, Anabell Gago, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, María Roja, Machi Salgado, Sergio Zearreta

AS GALAS DO DEFUNTO

Un soldado retorna á súa patria despois de ter combatido na guerra de Cuba. Ao chegar atópase con Daifa, unha moza que se viu obrigada a exercer a prostitución despois de ser desprezada polo seu pai a causa dun embarazo fóra do matrimonio. Ante o aspecto miserento do soldado, a moza rexéitao. Este conduce os seus pasos ao cemiterio,onde desenterra o cadáver do seu recentemente finado caseiro para vestir coas súas ricas roupas e así poder presentarse ante Daifa con inmellorable aparencia. O que non espera é que o seu caseiro sexa o propio pai de Daifa…

A FILLA DO CAPITÁN

Capitán “Chuletas de Sarxento” acusado de dar carne de prisioneiro no rancho da tropa, elude a xustiza cedendo os favores da súa filla Sini ao seu xeneral, un vividor moi ben posicionado no alto mando militar. Por despeito, o namorado de Sini, un pobre músico ambulante, busca vinganza sobre o xeneral pero confunde a vítima e asasina a un popular home de negocios que portaba na carteira poderosos documentos. As tentativas de ocultar o crime por todos os implicados provoca unha bola de neve que deriva nunha sucesión de chantaxes, ameazas, tratos coa mafia, manipulación xornalística, loitas políticas e sublevacións militares nun fiel retrato dun país onde as decisións da alta política veñen derivadas dos vicios, os abusos e a ineptitude dos seus responsables