Buscador

ME LLAMO SULEIMAN

Teatro Principal-Santigo

24/02/2018

COMPRAR ENTRADAS

suleiman

Compañía: Unahoramenos

Chámome Suleimán é unha obra centrada na emigración clandestina entre África e España e, máis concretamente, na viaxe que ten que realizar quen se ve na obriga de emprender esta aventura. Suleimán é un rapaz que, farto da pobreza do seu país, deixa Mali para marchar canda o seu amigo Musa á próspera Europa. Ansían traballar e conseguir cartos abondos cos que voltar e axudar as súas familias. Pero a viaxe é dura e difícil. Teñen que cruzar o deserto en camións incómodos e atestados de expatriados que, coma eles, buscan unha vida mellor. Na fronteira con Melilla, o cruce do enreixado pon trabas ás súas arelas. Lonxe de renderse, Suleimán emprenderá a viaxe unha vez máis, desta vez por mar.

En escena, Isabel, unha compañeira de clase de Suleimán, narra a historia deste neno que busca alcanzar os seus soños.

Autoría: Antonio Lozano Intérpretes: Marta Viera Dirección: Mario Vega Dirección de audiovisuais: Juan Carlos Cruz Deseño de audiovisuais: Marga Turnbull e Mariano Romero Animación: María Dolores Abujas e Elvis Pedro Nsue Deseño de luces e coordinación técnica: Tomás Charte Dirección de arte: Elena Gonca Música: Salif Keita

A partir de 10 anos

75 minutos

Prezo:4,00 €. Bono familiar (4 entradas): 12 €