Buscador

MUIÑADA

Salón Teatro-Santiago

3 y 4 Enero 2019

COMPRAR ENTRADAS

muinada

Sabela e Xacobe encóntranse nun muíño de auga por un malentendido coas quendas. Ao veren que os dous non poden moer ao mesmo tempo, comeza unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para a historia de Galicia.

Muiñada é unha viaxe ao pasado para os nenos de hoxe. Unha viaxe que serve para coñecer de onde vimos e para non deixar morrer a memoria das nosas avoas e avós. Muiñada é tradición, é festa, é música e, sobre todo, teatro para toda a familia.

Publico familiar a partir de 5 años

**Prezos: Xeral + taller gratis: 8€. Prezo Familiar + taller gratis: 6€.O prezo familiar poderá aplicarse a partir da compra de 3 entradas para a mesma ou distintas funcións do ciclo NADAL 2018 do Salón Teatro de Santiago

Xarope Tulú- Nómades. 22 y 23 diciembre 2018

Malasombra- Os fabulosos cleaners. 29 y 30 diciembre 2018

Galeatro-Muiñada. 3 y 4 Enero 2019

TALLERES

Se estás farto de aturar os teus pais e as súas compras de Nadal, este ano pídelles que te deixen antes nun dos nosos talleres, que se desenvolverán 2 horas antes de cada función. Poderás agasallalos cunha sorpresa feita por ti!

Número de prazas dispoñibles: 30 (Agas no taller “Visto non visto” no que por cuestión de idade só haberá 20 prazas)

Os talleres que teremos son:

VÍSTEME DESPACIO. O espazo escénico e o vestiario Sábado 22 de decembro de 17.00 a 19.00 e Domingo 23 de decembro de 10.30 a 12.30 +5 anos

O espazo, o vestiario, as cores, definen o ambiente e condicionan a perspectiva de xénero. A través do espazo escénico, da creación de personaxes e do seu vestiario, crearemos escenas que rachen os estereotipos e roles de xénero.

VISTO NON VISTO. As texturas e a luz

Sábado 29 e Domingo 30 de decembro de 17.00 a 19.00. + 3 anos

Os fabulosos cleaners ofrecen unha experiencia visual onde o creado non é tanxible nin permanente no tempo. Achegarémonos ao concepto de arte efémera, entendéndoa coma unha forma de expresión fugaz no tempo. No obradoiro investigaremos con diferentes materiais, texturas e iluminación a maneira de expresar e crear.

CÁNTAME UN CONTO. O espazo sonoro e os contos

Xoves 3 de xaneiro de 17.00 a 19.00 e Venres 4 de xaneiro de 10.30 a 12.30 + de 5 anos

Antes de que as pantallas formasen parte da nosa vida diaria, as xentes sentaban a contar historias. Hoxe esas historias son a base da nosa tradición popular.

A través de xogos e refraneiros populares, achegarémonos a técnicas dramatúrxicas e a conceptos do traballo actoral coma acotacións, personaxes… Así mesmo comprobaremos o impacto que ten o son na construción de ambientes teatrais, recuperando o xeito de crear da nada e experimentando con diferentes propostas e maneiras de contar.