Buscador

MUÑECA DE PORCELANA/BONECA DE PORCELANA

Auditorio de Galicia - Santiago

23/09/2017

COMPRAR ENTRADAS

muneca-porcelana

de David Mamet

Prezo único: 16 euros

Duración: 90’

Un millonario mércalle un avión á súa prometida como agasallo de vodas. Ten a intención de xubilarse e dedicarse enteiramente a ela. Durante o seu último día na oficina, instrúe ao seu axudante para poder atender os negocios dende a distancia. Pero, xusto antes de saír, recibe unha chamada de última hora que desexaría non ter recibido xamais.

Primeira produción a nivel internacional do texto China Doll, de David Mamet, logo da súa estrea absoluta en Broadway en decembro de 2015. O director Juan Carlos Rubio e o produtor Bernabé Rico fan súa esta ollada ás miserias do poder, que conta con José Sacristán e Javier Godino como protagonistas. Iniciativa de ¡Bravo Teatro! e TalyCual, o espectáculo forma parte do programa PLATEA, Programación Estatal de Artes Escénicas do INAEM.

Equipo artístico e técnico

Actores: José Sacristán, Javier Godino

Dirección: Juan Carlos Rubio

Versión: Bernabé Rico

Axudante de dirección: Chus Martínez

Deseño escenografía: Curt Allen Wilmer

Deseño iluminación: José Manuel Guerra

Deseño son: Mariano J. García López

Figurinista: Guadalupe Valero