Buscador

NACIDAS LIBRES

Teatro Principal-Santiago

21 y 22 Diciembre 2017

COMPRAR ENTRADAS

nacidas-libres

Información e sinopse

Espectáculo de Contraproducións sobre un texto de Cándido Pazó, coa dirección de Cristina Domínguez e as actrices Rocío González, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Susana Dans.

Catro actrices que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza, xuntándose nunha aula de cultura, hai anos pechada, dunha entidade bancaria que hai anos cambiou de nome. En vista de que non topan textos para catro mulleres, aventúranse a promovelo elas, encomendándollo a unha escritora nova que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornais:

A policía rescata tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago

Con esa inspiración van argallando un espectáculo en múltiples planos no que, con rigor e obxectividade, pero con frescura, dinamismo, emoción e pinceladas de humor, entran no tecido argumental do caso, pero tamén en múltiples reflexións e referencias a diversos temas vistos desde a perspectiva de xénero: a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración…

Catro actrices que interpretan unha ducia de personaxes. Un escenario no que se representan os máis variados espazos e situacións.

Un espectáculo para pensar e desfrutar, emocionarse e divertirse.

Equipo técnico e artístico

Texto: Cándido Pazó

Actrices: Rocío González, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Susana Dans

Dirección de escena: Cristina Domínguez, Escenografía, Carlos Alonso

Iluminación: Afonso Castro

Música e espazo sonoro: Guillerme Fernández

Gravación coro de monxas: Faia Díaz, Ines Salvado e Paula Romero (De Vacas)

Deseño gráfico: Nano Besada

Vestiario: Belén Pichel e Carlos Alonso

Comunicación e axudante de produción: Lilian Portela

Xefa de produción: Belén Pichel