Buscador

NOSA SEÑORA DAS NUBES

Teatro Principal

Santiago

Xuño 2017

COMPRAR ENTRADAS

nosa-senora-das-nubes

(Galicia, teatro/comedia)

de Arístides Vargas

Teatro do Morcego

Celso Parada, Josi Lage, Mundo Villalustre e Pablo Costas

Celso Parada, dirección

75 minutos

Nosa Señora das Nubes, escrita por Aristides Vargas, céntrase no encontro de dous personaxes expatriados nun espazo e tempo indeterminado. Por medio de lembranzas confusas e memorias fragmentadas os personaxes buscan recuperar as historias vividas na súa patria, a remota Nosa Señora das Nubes. Un texto poético e cheo de humor que nos fai reflexionar sobre as ditaduras, as guerras, o exilio e o desarraigo tan presentes no noso tempo. Gañadora de 2 premios internacionais como mellor obra de teatro en Cuba e España e con 3 nominacións ao Premio Municipal Caracas 2014, cóntanos a historia de dous exiliados que se atopan e descobren a dor e a soidade polo afastamento da súa propia terra. Oscar e Bruna dous personaxes que constantemente van alternando entre as memorias do pasado e o presente, onde comparten anécdotas da súa experiencia como exiliados; os seus soños, necesidades, frustracións, desexos, amores, esquecementos e relembranzas.

Unha obra que vai máis aló do exilio, que significa non só a perda dun país, senón do exilio da relixión, dos afectos, dos animais, e ata de nós mesmos. A nosa Señora das Nubes é un pobo que só existe na memoria dos expatriados, trazando un mapa da experiencia da diáspora como unha condición existencial de desarraigamento, neste caso inspirada pola historia do exilio latinoamericano. No pobo da nosa Señora das Nubes está presente o realismo máxico, o real marabilloso latinoamericano, o non realismo, a posmodernidade, o traballo do imaxinario, a poesía en acción, que van contribuíndo a que se logre o feitizo onde cada quen fai múltiples lecturas dun texto riquísimo en analoxías sobre a realidade de calquera dos nosos atormentados países.

Prezo: 10,00 euros

Descontos do 50% para os seguintes colectivos

  • Desempregados.: Presentación Tarxeta do paro

  • Maiores de 65 anos: Presentacion do DNI

  • Xubilados: Presentación do Carné da Seguridade Social

  • Menores de 25 anos: Presentacion do DNI

  • Estudantes: Presentación Carné de estudante

  • Familias monoparentais: Presentación do Libro de familia

  • Familias numerosas: Presentación do Libro de familia

  • Perceptores de rendas sociais: Presentación documento acreditativo

Descontos non acumulables. Só se pode aplicar un desconto por entrada