Buscador

O CICLISTA UTOPICO

Auditorio de Galicia-Santiago

04/11/2017

COMPRAR ENTRADAS

ciclista-utopico

COMPAÑÍA Emilia Yagüe Producciones TIpo TEATRO DURACIÓN 90 minutos PREZO 16 euros

Información e sinopse

Unha produción de Teatro Calderón de Valladolid, Emilia Yagüe Producciones e Feelgood Teatro. Un texto de Alberto de Casso, dirixido por Yayo Cáceres, con Fran Perea e Fernando Soto nos roles protagonistas. Premio Fundación Teatro Calderón de Valladolid de Literatura Dramática.

Manuel é un mestre que vive tranquilo e feliz no rural coa muller e as fillas. A súa pracenteira existencia interrómpese un día no que atropela ao ciclista Acebal por accidente. Da colisión emerxe unha amizade retorcida e estraña que desconcerta a Manuel. Acebal é un home rústico, reaccionario e exaltado que esperta no mestre unha inmediata repulsión. Porén, consegue instalarse de vagar na súa vida, ben en visitas intempestivas para pasear en bicicleta, ben en aparicións espontáneas na escola na que o profesor dá clases. Acebal tenta seducir ás súas colegas de traballo e mesmo amosa especial interese dunha das súas fillas, e así vai facendo agromar unha fonda hostilidade que envelena a alma de Manuel. Aos poucos, Acebal convértese nunha figura de presenza invariable e sufocante que leva ao mestre a un punto de non retorno.

“Un texto incómodo. Unha relación incipiente e escura que ispe á súa vez outras relacións na contorna das personaxes. Humor duro e con sarcasmo abondo como para importunar […] Manipulación, culpa, desexos ocultos, personaxes escuras e extremas, máis outra cantidade de ingredientes asoman neste Ciclista utópico en que días personaxes, a que provoca o accidente e mailo accidentado, se introducen ao tempo nun túnel non que sin sequera é posible albiscar a luz da saída” (Yayo Cáceres)

Equipo técnico e artístico

Autor: Alberto de Casso

Dirección: Yayo Cáceres

Reparto: Fran Perea e Fernando Soto

Espazo escénico: Carolina González

Iluminación: Miguel Ángel Camacho

Vestiario: Tatiana de Sarabia

Música e espazo sonoro: Yayo Cáceres

Deseño gráfico: Aryutolkintumi.com

Comunicación: Marea GlobalCOM

Dirección de produción: Emilia Yagüe

Produción Executiva: Javier Márquez e Jesús Sala

Distribución: Emilia Yagüe Producciones