Buscador

O CONTO DE AZUZAINA

Teatro Principal-Santiago

18/03/2018

COMPRAR ENTRADAS

azuzaina

Limiar Teatro

Refuxiadas nun cuarto de caldeiras, coexisten as peculiaridades dun científico pintoresco e un músico excéntrico. A través do labirinto de tubos que anoan as voces do edificio, chéganlles relatos de grupos de persoas que, a pesares do inesperado, se recoñecen como familia.

O conto da azuzaina é un espectáculo do que emerxe a certeza de que non existen as fórmulas para a normalidade, nin pautas fixas para marcar o compás da harmonía familiar. Un espectáculo no que José Carlos e Herminio experimentan a diversidade, sorprenden a tristeza con números de circo e crean melodías de superación.

Refuxiadas nun cuarto de caldeiras, coexisten as peculiaridades dun científico pintoresco e un músico excéntrico. A través do labirinto de tubos que anoan as voces do edificio, chéganlles relatos de grupos de persoas que, a pesares do inesperado, se recoñecen como familia. O conto da azuzaina é un espectáculo do que emerxe a certeza de que non existen as fórmulas para a normalidade, nin pautas fixas para marcar o compás da harmonía familiar. Un espectáculo no que José Carlos e Herminio experimentan a diversidade, sorprenden a tristeza con números de circo e crean melodías de superación. Un marabilloso xoguete escénico sobre as familias para desfrutar en familia.

O músico e o científico precisan compartir o cuarto de caldeiras, ese espazo de intimidade, ese escondedoiro onde tocar e experimentar sen a mirada dos seus familiares. Alí as matemáticas son o punto de unión entre ciencia e música e… posiblemente a forma de entender que para cada familia existe unha fórmula diferente.

Mediante operacións simples (suma, resta, multiplicación e división) tentarán entender as historias familiares que lles chegan a través dos tubos da caldeira. Historias anónimas o as súas historias… Quen sabe?

Autoría e creación: Ana Carreira e Fran Núñez Dirección: Fran Núñez Escenografía: Ángela Yáñez e Mey López Deseño de son: José Carlos Illanes e Fran Núñez Deseño de iluminación: Fran Núñez Vestiario: Paz Yáñez Música: José Carlos Illanes

De 8 a 12 anos

50 minutos

4 €

Bono familiar (3 x 4): 12 €