Buscador

O FURANCHO

Salón Teatro-Santiago

Del 21 al 24 Febrero 2019

COMPRAR ENTRADAS

o-furancho

Sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco preséntannos a súa última creación: O furancho. Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos.

Premios: Premio María Casares 2016 ao Mellor Vestiario, Premio Fetega (Festival do Carballiño) a Mellor espectáculo e Mellor Actriz (Isabel Risco) Sinopse

No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comunión e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitivinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.

FICHA ARTÍSTICA:

Creación e interpretación. Marián Bañobre e Isabel Risco

Texto e Dirección escénica: Santiago Cortegoso

Movemento escénico: Carmela Bueno

Deseño de iluminación: Salvador del Río

Imaxe: Diego Seixo

Deseño de vestiario: Marián Bañobre

Realización de vestiario: María Negreira (CDG)

Zocos: Elena Ferro

Deseño do espazo escénico: Santiago Cortegoso e Marián Bañobre

Deseño de son: Quito

Música: Radio Cos

Cobertura técnica: Ningures Produción

Produción: Ibuprofeno Teatro, coa colaboración da AAAG e o CDG.

A PARTIR DE 14 ANOS