Buscador

OLEANNA

Teatro Principal- Santiago

21/04/2018

COMPRAR ENTRADAS

oleanna

PENTACION ESPECTACULOS

Carol, é unha estudante universitaria que chega ao despacho do seu profesor a pedir que lle suban a nota dunha materia. Desta sinxela premisa parte unha das obras máis turbadoras de David Mamet. Oleanna é unha historia sobre a loita de poder entre dúas persoas. Un conflito descarnado que reflexiona sobre o acoso sexual e onde se cuestiona o sistema académico vixente para apuntar a unha verdade oculta máis alá do que se ve.

Mamet tece unha historia sobre a contradición de dúas personaxes a un tempo erradas e certas coas que o público se identifica, e ofrece unha obra desacougante que coloca a quen ela asiste na posición de asumir o medo ante o que non se entende. . Autoría: David Mamet Dirección: Luis Luque Intérpretes: Fernando Guillén Cuervo e Natalia Sánchez Escenografía: Mónica Boromello Vestiario: Almudena Rodríguez Iluminación: Juan Gómez Cornejo

Maiores de 16 años

70 minutos

14 €

Descontos do 50% para os seguintes colectivos:

  • Desempregados
  • Maiores de 65 anos
  • Xubilados
  • Menores de 25 anos
  • Estudantes
  • Familias monoparentais
  • Familias numerosas
  • Perceptores de rendas sociais