Buscador

OS FABULOSOS CLEANERS- MALASOMBRA PRODUCIONS

Salon Teatro-Santiago

29 y 30 Diciembre 2018

COMPRAR ENTRADAS

cleaners

Clasificada: Todos os públicos. Recomendada: A partir de 3 anos.Duración: 50 minutos. Comedia Xabonosa

Ficha artística

Elenco: Xoque Carbajal e Jouse García

Autoría: Luis Beviá e Xoque Carbajal

Direccción: Marcos Orsi e Xoque Carbajal

SINOPSE

OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual para participar toda a familia.

Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequeñas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

Prezos: Xeral + taller gratis: 8€. Prezo Familiar + taller gratis: 6€.O prezo familiar poderá aplicarse a partir da compra de 3 entradas para a mesma ou distintas funcións do ciclo NADAL 2018 do Salón Teatro de Santiago

Xarope Tulú- Nómades. 22 y 23 diciembre 2018

Malasombra- Os fabulosos cleaners. 29 y 30 diciembre 2018

Galeatro-Muiñada. 3 y 4 Enero 2019

TALLERES

Se estás farto de aturar os teus pais e as súas compras de Nadal, este ano pídelles que te deixen antes nun dos nosos talleres, que se desenvolverán 2 horas antes de cada función. Poderás agasallalos cunha sorpresa feita por ti!

Número de prazas dispoñibles: 30 (Agas no taller “Visto non visto” no que por cuestión de idade só haberá 20 prazas)

Os talleres que teremos son:

VÍSTEME DESPACIO. O espazo escénico e o vestiario Sábado 22 de decembro de 17.00 a 19.00 e Domingo 23 de decembro de 10.30 a 12.30 +5 anos

O espazo, o vestiario, as cores, definen o ambiente e condicionan a perspectiva de xénero. A través do espazo escénico, da creación de personaxes e do seu vestiario, crearemos escenas que rachen os estereotipos e roles de xénero.

VISTO NON VISTO. As texturas e a luz

Sábado 29 e Domingo 30 de decembro de 17.00 a 19.00. + 3 anos

Os fabulosos cleaners ofrecen unha experiencia visual onde o creado non é tanxible nin permanente no tempo. Achegarémonos ao concepto de arte efémera, entendéndoa coma unha forma de expresión fugaz no tempo. No obradoiro investigaremos con diferentes materiais, texturas e iluminación a maneira de expresar e crear.

CÁNTAME UN CONTO. O espazo sonoro e os contos

Xoves 3 de xaneiro de 17.00 a 19.00 e Venres 4 de xaneiro de 10.30 a 12.30 + de 5 anos

Antes de que as pantallas formasen parte da nosa vida diaria, as xentes sentaban a contar historias. Hoxe esas historias son a base da nosa tradición popular.

A través de xogos e refraneiros populares, achegarémonos a técnicas dramatúrxicas e a conceptos do traballo actoral coma acotacións, personaxes… Así mesmo comprobaremos o impacto que ten o son na construción de ambientes teatrais, recuperando o xeito de crear da nada e experimentando con diferentes propostas e maneiras de contar.