Buscador

PUM PUM !

Teatro Principal-Santiago

26/05/2018

COMPRAR ENTRADAS

pum-pum

BAOBAB TEATRO

Marieta é unha nena de 5 anos coma calquera outra. está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias, historias que teñen música e cantan cando Marieta quere. Pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo que nunca contou e que ninguén escoitou.

Pum Pum! é un espectáculo tenro para nenas e nenos a partir de 5 anos que fala de historias cotiás que lles acontecen a esta idade e que porta tamén unha mensaxe clara clara: dende moi pequenos deben saber que ninguén lles pode obrigar a facer cousas que non queren.

Director: Óscar Ferreira Guión: Andrea Bayer Intérpretes: Davide González e Andrea Bayer Deseño de Iluminación: Daniel Abalo Música orixinal: Davide González Música cantiga de berce: Elena Paz Deseño de Escenografía: Óscar Ferreira Construción de escenografía: Óscar Ferreira e José Manuel Vidal Monicreques: Óscar Ferreira e José Manuel Vidal Vestiario: Baobab Teatro Material audiovisual e fotos: Víctor Moreno (Lía films)

A partir de 5 anos

50 minutos

4€. Bono familiar 4 entradas: 10 €