Buscador

RESACA

Teatro Principal- Santiago

2 y 3 marzo 2018

COMPRAR ENTRADAS

resaca-1

ilMaquinario Teatro

No verán de 2016, os membros de ilMaquinario Teatro deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas: Álex.

Os restos que esta persoa deixa en forma de cadernos, diarios, investigacións sobre a súa familia, lembranzas e fotografías, son os materiais empregados como punto de partida para unha investigación que tamén se converte en descuberta persoal por parte de cada un deles.

• De que maneira nos pode salvar a memoria da vertixe dun mundo de ritmos cambiantes e imparables? • Somos quen de atopar respostas á preguiza do mundo contemporáneo botando a vista atrás e tratando de saber de onde procede este sentimento? • Somos realmente tan diferentes dos nosos antepasados?

Reflexionando sobre esas preguntas, os actores tratan de revivir certos momentos do pasado transitando entre os límites da realidade e a ficción para poder comprender algo do presente e o futuro, para procurar espazos de pausa e rebeldía nos que poder investigar sobre as súas orixes.

Resaca é o resultado da investigación documental dos vestixios deixados por Álex, unha tentativa por recompoñer a historia de alguén a quen non acabaron de coñecer de todo. Un xeito de falar dunha xeración a través dunha persoa común.

Dirección: Tito Asorey Dramaturxia: Tito Asorey | Ana Carreira Elenco: Melania Cruz | Fernando González| Fran Lareu | Laura Míguez | Vadim Yukhnevich Deseño de escenografía: Laura Iturralde/Montse Piñeiro Construción da maqueta: Fran Lareu Audiovisuais: Diego Blanco / Laura Iturralde Fotografia e video: Aitor Uve Director musical: Vadim Yukhnevich Iluminación: José Manuel Faro “Coti” Vestiario: Ilmaquinario Teatro Axudantía de dirección: María Peinado Casal

Para maiores de 14 anos

70 minutos

12 €

Descontos do 50% para os seguintes colectivos:

  • Desempregados
  • Maiores de 65 anos
  • Xubilados
  • Menores de 25 anos
  • Estudantes
  • Familias monoparentais
  • Familias numerosas
  • Perceptores de rendas sociais