Buscador

SALVADOR SOBRAL EN CONCIERTO

Auditorio de Galicia- Santiago

1/11/2018

COMPRAR ENTRADAS

salvador-sobral

Delicadeza, musicalidade natural, concentración, respecto pola historia da canción,

en defintiva, civilización e cultura elevada.

Para min, Salvador converteuse nunha das referencias da música mundial»

(Caetano Veloso)

No 2017 Salvador Sobral conseguiu o primeiro trunfo para Portugal na historia do Festival de Eurovisión, superando ademáis a máxima puntuación acadada por un país na historia do Festival. ”AMAR PELOS DOIS" foi escrita e producida pola súa irmá Luisa Sobral. É unha composición de jazz da que Salvador declarou: “está influenciada por aqueles clásicos estadounidenses e cun toque das belas melodías da Bossa Nova”.

A partir de aquí, a súa carreira despegou como ningunha, converténdose nun dos artistas máis valorados da canción de autor a nivel mundial. O videoclip de “Amar pelos dois” ten 17 millóns de reproducións, chegando a públicos tan diversos como é a súa música.

Despois de varios meses apartado dos escenarios por unha doenza do corazón, Salvador volveu neste 2018 totalmente recuperado para unha xira que o está a levar aos teatros e auditorios máis prestixiosos de Europa.

Salvador Sobral tráenos a Santiago o seu repertorio propio, unha viaxe que comeza no jazz e fai un percorrido pola bossanova e as melódicas sonoridades de América Latina, coa interpretación cautivante e a fermosa voz de Salvador Sobral.

**AO VIVO Salvador Sobral Quarteto**

Júlio Resende: piano

André Rosinha:contrabaixo

Bruno Pedroso:batería

Salvador Sobral:voz