Buscador

SERVIDOR DE DOUS AMOS

Teatro Principal-Santiago

Del 14 al 17 Febrero 2018

COMPRAR ENTRADAS

servidor-dos-amos

TALIA TEATRO

Sinopse do espectáculo Unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro. Convertido no referente por excelencia da Commedia dell’Arte, a compañía ofrece unha re-invención da obra de Goldoni que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal ao tempo que busca incorporar novas formas de teatralidade. No seu 30 Aniversario. Talía Teatro reivindica o verdadeiro espírito da Commedia dell’Arte, do teatro renacentista italiano: a procura da innovación mediante o uso de todas as novidades escénicas posibles, a persecución do “espectáculo total”, a creación dunha obra que capaz de deixar abraiado a todo o público presente.

Así como a Commedia dell’Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos de construción, onde nobres e mandatarios son substituídos por empresarios e políticos, onde a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz como divertido.

Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo de gran formato onde todo será posible, onde a mentira e a confusión serán a base do xogo, onde os distintos espazos mudarán á vista do espectador, onde riremos de todo e de todos, ata de nós mesmos.

Autoría: Carlo Goldoni Dirección: Artur Trillo e Diego Rey Adaptación: Artur Trillo e Diego Rey Escenografía: Diego Valeiras Deseño iluminación: Diego Valeiras Vestiario: Martina Cambeiro Intérpretes: Xurxo Barcala | Toño Casais | Marta Lado | María Ordóñez | Diego Rey | Marta Ríos | Artur Trillo | Dani Trillo

Maiores de 13 anos

75 minutos

Prezo 12;00 €.

Descontos do 50% para os seguintes colectivos:

  • Desempregados

  • Maiores de 65 anos

  • Xubilados

  • Menores de 25 anos

  • Estudantes

  • Familias monoparentais

  • Familias numerosas

  • Perceptores de rendas sociais