Buscador

TÉ CON KANT- INVERSA TEATRO

Salón Teatro- Santiago

16 y 17 Diciembre 2017

COMPRAR ENTRADAS

te-kant

Té con Kant É un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

Johanna Gottfried e Theodora Krauss son dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do S. XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partires das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant. A última palabra sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente que terá que tomar unha decisión seguindo o Imperativo Categórico Kantiano. Atréveste a pensar con nós?

A peza Té con Kant ten un longo percorrido por diferentes teatros, Congresos, e Festivais nacionais e internacionais. Foi merecedora do Premio Teatral Maruxa Villanueva para Marta Pérez e recibiu tamén o I Premio do público Coiro de Pita da Sala Ingrávida de Porriño no 2015.

Autoría: Marta Pérez. María Caparrini

Dirección: Marta Pérez. María Caparrini

Intérpretes: María Roja. Marta Pérez. Xosé Manuel Esperante

Deseño espazo escénico: Inversa Teatro

Iluminación: Ángel Sousa

Son / música: Johan Sebastian Bach

Vestiario: Centro Dramático Galego

Deseño gráfico: María Roja.

Distribución e comunicación: Alba Valdés.