Buscador

UBU REI

Teatro Principal

Santiago

Marzo 2017

COMPRAR ENTRADAS

ubu-rei

UBÚ REI (Galicia, teatro/comedia)

De Alfred Jarry

Talía Teatro

Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Ríos, Rubén Prieto, David Creus Roberto Salgueiro, dirección

Pai Ubú, impulsado pola súa ambiciosa muller Madre Ubú, asasina ao seu protector o Rei de Polonia, e a case toda a súa familia, para roubarlle os seus Estados. Despois dun breve triunfo instaura un reinado de corrupción e despotismo levados ata o absurdo.

Ubu Rei é unha obra imprescindible no teatro moderno pola súa permanente actualidade xa que é unha proposta cruel e traxicómica sobre os extremos da ruindade e da degradación do ser humano. A súa relevancia radica no desconcerto que provoca, e na destrución de case todas as normas e tabús do teatro contemporáneo. O seu protagonista, o innobre e grotesco Ubu, vai directo ao corazón da conciencia burguesa e aínda hoxe a escandaliza nas súas numerosas representacións e adaptacións. Nesta versión, Roberto Salgueiro ve indispensable conservar o carácter metateatral do texto, así como traballar sobre as dúas ideas centrais do mesmo: poder e sexo.

Prezo: 10,00 euros

Descontos do 50% para os seguintes colectivos

  • Desempregados.: Presentación Tarxeta do paro

  • Maiores de 65 anos: Presentacion do DNI

  • Xubilados: Presentación do Carné da Seguridade Social

  • Menores de 25 anos: Presentacion do DNI

  • Estudantes: Presentación Carné de estudante

  • Familias monoparentais: Presentación do Libro de familia

  • Familias numerosas: Presentación do Libro de familia

  • Perceptores de rendas sociais: Presentación documento acreditativo

Descontos non acumulables. Só se pode aplicar un desconto por entrada.