Buscador

VOAXA E CARMIN (Galicia, teatro/comedia)

Teatro Principal

Santiago

Febreiro 2017

COMPRAR ENTRADAS

voaxa-e-carmin

de Esther F. Carrodeguas ButacaZero

Mabel Rivera e Belén Constenla

Xavier Castiñeira, dirección

Milladoiro, música

80 minutos

Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas até a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear aos mozos, insultar ás mozas… Todo parece transcorrer sen cambio algún. Porén, hoxe non vai ser un día coma os outros: Coralia empurra a Maruxa a escapar das súas rutinas, tentando cumprir os seus soños. Arrancará así unha viaxe que abrirá feridas de guerra que volverán doer coma o primeiro día. Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica que da voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela nunha proposta de teatro de actrices sobre un gran lenzo audiovisual: unha Compostela máxica.

Prezo: 10,00 euros

Descontos do 50% para os seguintes colectivos

  • Desempregados.: Presentación Tarxeta do paro

  • Maiores de 65 anos: Presentacion do DNI

  • Xubilados: Presentación do Carné da Seguridade Social

  • Menores de 25 anos: Presentacion do DNI

  • Estudantes: Presentación Carné de estudante

  • Familias monoparentais: Presentación do Libro de familia

  • Familias numerosas: Presentación do Libro de familia

  • Perceptores de rendas sociais: Presentación documento acreditativo

Descontos non acumulables. Só se pode aplicar un desconto por entrada.