Buscador

VOOS (VUELOS)

Auditorio de Galicia

Santiago

09/09/2017

COMPRAR ENTRADAS

voos

Unha produción de ARACALADANZA

Espectáculo enmarcado no programa 'PLATEA, Programación Estatal de Artes Escénicas', promovido polo INAEM, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Inspirada polo xenio creativo e revolucionario de Leonardo Da Vinci, a prestixiosa compañía Aracaladanza leva ao escenario do Auditorio de Galicia unha fermosa proposta onírica que convida ao público a abrir as ás e voar. VOOS é un espectáculo de danza contemporánea para público infantil e familiar que pretende deleitar os sentidos e convertilos, ao tempo, en ferramentas subversivas coas que cambiar o mundo

Cando creron que esqueceramos soñar, equivocáronse. Malia os rigores da tristura, a imaxinación alumeou un camiño de marabillar que nos permite poñer as ás e voar. Leonardo da Vinci deseñou una utopía con todas as forzas e empeñou o seu traballo en volvela real. Agora, o seu soño sostén as nosas raíces e a súa obra nutre o noso labor. Tempo atrás, Aracaladanza mergullouse no arco da vella para descubrir pequenos paraísos, trazar nubes e pintar constelacións. Hoxe regresa ao soño de nadar polo ceo, pasear pola auga e voar sobre a terra.

Idea e dirección: Enrique Cabrera

Coreografía: Aracaladanza

Intérpretes: Carolina Arija Gallardo, Jimena Trueba Toca, Jonatan de Luis Mazagatos, Jorge Brea Salgueiro e Raquel de la Plaza Húmera.

Composición música orixinal: Luis Miguel Cobo

Deseño de escenografía e vestiario: Elisa Sanz (AAPEE)

Deseño de iluminación: Pedro Yagüe (AAI)

Deseño de vídeo escena: Álvaro Luna (AAI)

Deseño de atrezo e maquinarias: Ricardo Vergne, Elisa Sanz