Buscador

AFTERPARTY-Compañia A FEROZ

Salón Teatro - Santiago

1 y 2 Junio 2019

COMPRAR ENTRADAS

afterparty

AFTERPARTY

Afterparty é unha festa, un artefacto escénico no que a letra, a música, o espazo e o corpo medran á vez nun proceso de creación interdisciplinar. Unha peza que fala da decepción, do empeño na felicidade e das preguntas que se fai unha xeración que ten a sospeita de que chegou tarde a todo. Dende o espírito do lixo, do exceso posmoderno, do Estudio 54 ás 11 da mañá, dos restos das vodas de Canaan o elenco edifica a súa festa, a súa próxima vida, a existencia que se deben. Porque hai un momento no que te tes que dar o que che prometeron e non se cumpriu. Catro personaxes decidiron tomar a festa pola man e vai ser hoxe.

Elenco:Inés Salvado / Lolo Castro / Beatriz Romero / Gustavo Freire

Texto e dramaturxia: Lorena Conde

Dirección: Lorena Conde

Vestiario:A Feroz

Espazo sonoro: Manuel Abraldes

Escenografía: Álvaro Lg. Mallo / Cecilia Castro dos Santos

Asesoría de movemento: Fiona B. McCudden

Iluminación: A Feroz

Fotografía:Tamara de la Fuente

Produción: Beatriz Romero e Gustavo Freire

Distribución: A Feroz

A FEROZ: O motor d'A Feroz é dar contexto e vía ao noso amor. Amor. Amor pola verdade, polos proxectos honestos, por contar dende as tripas o que nos sucede, pola mestura de artes, de disciplinas, de ciencias, de corpos e de miradas. Esta compañía traballa dende a vontade clara de trascender xuntos as nosas barreiras persoais para poñer en común en escena as preguntas e todas as posibles respostas.

PREZOS: 10€ entrada normal. DESCONTOS: 6€ parados, menores de 16 anos, xubilados. Todas as entradas para a función do domingo custan 6€.