Buscador

DE AQUI PARA ALA-CONCIERTO EN FAMILIA

Palacio de la Opera-A Coruña

15/02/2020

COMPRAR ENTRADAS

de-aqui-para-ala

** Lydia Botana**

Sinopsis: “De aquí para alá” é un proxecto didáctico musical no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons!

Cantaremos co público o retrouso que nos levará ó seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska…

Unha divertida aventura na que a música, os instrumentos e as cores son os protagonistas cos que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.

Esta historia representa dalgún xeito que a felicidade non está só na fin, senón na forma de facelo camiño, coa música sempre coma compañeira de viaxe, nunca nos sentiremos sós, sempre cara adiante