Buscador

NEORRETRANCA E POSMORRIÑA-CDG

Salón Teatro - Santiago

Del 27 al 30 Xuño 2019

COMPRAR ENTRADAS

neorretranca-prorroga

Venres, 28 Xuño, Función inclusiva (haberá intérprete de signos na escena e audiodescrición)

De Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte. Gena Baamonde, directora

FANTASÍA Nº 5 EN SOL OU NON

Unha varredora baila levando a area que moveu a treboada de novo no seu sitio: recoloca o mundo atacado polo home. Alguén pinta no muro "Viva España". Unha vella agarda pola morte.

Mentres tanto, a moza que vai saír de marcha non sabe como combinar a saia de Zara co pano tan bonito da súa bisavoa. No micrófono, alguén berra: XA NON HAI TEMPO PARA APOIARSE NAS PAREDES. E na parede, alguén pinta: MIÑA NAI FALA GALEGO MI PADRE HABLA CASTELLANO 50 AÑOS FELICES.

As vellas botan "gasofa" na terra para que medren as cenorias. E nós preguntámonos cando chegará unha xeración verdadeiramente apaixonada, unha desas de LUME (pero outro lume, eh!). En proscenio: a maleta.

BOISACA OU A DIVINA DESGRAZA

O dramaturgo, encarnado nunha actriz veterana, ten que escribir unha obra de teatro sobre a identidade nacional, coa posibilidade de que esta sexa representada no CDG. Para conseguilo, convoca a escritora Mary Shelley, para que o acompañe nunha viaxe ao outro mundo na procura do seu pai. No seu camiño encóntrase con algúns dos mortos que construíron, cada un co seu propio anaco, ese monstro que é a identidade nacional galega.