Buscador

SE FOSEN TURISTAS, LEVARIAN GAFAS DE SOL-LIMIAR TEATRO

Salon Teatro-Santiago

Diciembre 2019

COMPRAR ENTRADAS

se-fosen-turistas

Dirección e dramaturxia: Fran Núñez "COMEDIA DE AUTOFICCIÓN DOCUMENTAL TRANSDISCIPLINAR E INTERXENERACIONAL PARA ESPECIES DE ESPAZOS E PÚBLICO CON OU SEN MEMORIA"

A memoria é un arma que se dispara sen querer. Recordamos, esquecemos.

A memoria é múltiple, é diversa. Nada hai máis democrático e tirano que a memoria. Memoria individual, íntima, secreta, memoria colectiva. A memoria é un espello que non deixa ver o presente pero proxecta o noso futuro. Hoxe é memoria do mañá, futuro do onte. Somos produto dun espazo, dun tempo, dunha memoria. O ser humano loitou desde sempre por controlar o espazo, por reconstruír a memoria… pero o tempo escapa entre os dedos.

España, Italia e Portugal compartimos memoria do exilio, da emigración, e aínda así hoxe nos esforzamos por esquecela fronte a outros exilios, outras migracións. Mudamos o Atlántico por outros mares e os Pirineos ou os Alpes por outros montes pero a historia é a mesma. Muda a época, mudan as persoas pero a historia repítese. Dicíanos un familiar que o mundo estaba dividido en dous: os fodidos e os que foden. Non lembramos que estivemos dun lado. Lembraremos que estamos no outro? Que lle contaremos ás nosas netas cando pregunten que pasou, cando pregunten por que? Todas as persoas somos fillas, nais, irmáns de emigrantes, pero algunhas esquecemos quen fomos. Non sabemos quen somos e temos medo do que seremos. Non deixamos o noso país por vontade propia. Sabémolo. Elas tampouco.


Se fosen turistas levarían lentes de sol é o segundo proxecto da triloxía do espazo e o tempo, que se desenvolve desde fai cinco anos e no que Limiar Teatro investiga sobre a memoria colectiva, a idea de ciclo, o concepto de progreso, espazo e territorio e tempo.

O primeiro proxecto Pangeia (2014/2015) tomou como punta de partida os ciclos da terra, os ciclos da sociedade e os ciclos na vida do ser humano.

Se fosen turistas levarían lentes de sol (2019/2020) céntrase na emigración e como esta cambia a sociedade de orixe e de destino. A partir da experiencia dos intérpretes coa emigración constrúese un mosaico de ideas, reflexións e sensacións. Utilízase a emigración como escusa para tratar os temas de identidade. permeabilidade social e memoria.

Ficha artística: Dirección e dramaturxia: Fran Núñez

Dirección musical e composición: Brais Iriarte

Espazo e iluminación: Coco Castro e Fran Núñez

Equipo de produción: Gimenez & Giménez, Carlos Martínez Carbonell e Fran Núñez